viernes, 1 de mayo de 2020

FROITAS DE TEMPORADA: O amorodo

XCV_ART20_PORTADA
Queres coñecer as propiedades e os beneficios dos amorodos? Neste artigo poderás saber máis deste froito rico e saudable para toda a familia. Dependendo da variedade, as amorodeiras florecen de finais do inverno ao comezo do verán, de xeito que os froitos maduran durante toda a primavera e ben entrado o verán, de marzo a xullo. Xa podemos gozar dos amorodos nos nosos menús diarios, a continuación aportámosche unha serie de ideas para que aproveites todos os seus beneficios.
Propiedades e beneficios dos amorodos:
  • Os amorodos son froitas cun aporte calórico baixo que está constituído, na súa maioría, por hidratos de carbono.
  • Son unha boa fonte de fibra, da cal a maior parte é fibra insoluble.
  • Teñen un un alto contenido de vitamina C, incluso maior que o da laranxa. Unha porción media de amorodos (100 g) cubre as necesidades diarias desta vitamina.
  • É unha das froitas que proporciona máis ácido fólico.
  • Son ricos en ferro, iodo, calcio, fósforo, magnesio e potasio. Ademais, están indicados para persoas con hipertensión arterial, xa que teñen un baixo contido en sodio e alto en potasio.
  • Os amorodos conteñen varios ácidos orgánicos que axudan a aumentar a acción da vitamina C e teñen certa acción antiinflamatoria, anticoagulante e desinfectante.
  • A cor do amorodo é debida a uns pigmentos vexetais que actúan como poderosos antioxidantes. De feito, son un dos froitos con maior capacidade antioxidante. Isto quere dicir que teñen un efecto protector significativo sobre a saúde, xa que diminúen a acumulación de colesterol nas arterias e protexen contra certas mutacións canceríxenas. Tamén poden axudar a retardar o envellecemento das células.
Como elixilas e conservalas?
XCV_ART20_FRESAS_GAL

Dependendo da variedade, as amorodeiras florecen de finais do inverno ao comezo do verán, de xeito que os froitos maduran durante toda a primavera e ben entrado o verán, de marzo a xullo. A calor, o transporte e a humidade fan que se deterioren con facilidade polo que é preferible conservalas en lugares secos, frescos, ventilados e escuros, o máis esparexidas posible nunha fonte ou un prato. En estas condicións pódense conservar ata 4-5 días. Non deben lavarse ata o último momento.
Por esta razón é importante que, cando compremos amorodos, seleccionemos a cantidade axeitada para o número de persoas que as van a consumir debido a que son un produto moi perecedoiro e teremos que desbotar o exceso, de ser o caso.
Deben comprarse cos tallos intactos e non se deben cortar ata que estean lavados para mellorar a súa conservación.
Como podemos comer amorodos?
Os amorodos son un alimento delicioso ao natural e o normal é tomalas crúas. Tamén se poden tomar espolvoreadas con un toque de pementa ou servidas con zume de laranxa, limón ou un vinagre balsámico para realzar o seu sabor.
Ademais pódense realizar algunhas receitas saudables con amorodos:
Ideas para a merenda
Batidos:
XCV_ART20_BATIDOS_GAL
Zume de amorodos e laranxa:
Ingredientes (para 4 persoas):XCV_ART20_CIRCULO1_GAL
  • Unha terrina de amorodos (500g).
  • 3 vasos de zume de laranxa (600g).
  • Un chisco de canela (opcional).
Preparación:
Lavamos os amorodos, quitámoslles as follas, cortámolos e introducímolos na picadora cun pouco de auga para que non resulte nunha mestura grumosa. Engadimos o zume de laranxa e a canela e removemos ata que sexa homoxéneo.
Pasamos a mestura por un coador chino para evitar os grumos e servimos ao momento.
Arroz con leite e amorodos:
Ingredientes (para 4 persoas):XCV_ART20_CÍRCULO2_GAL
  • 1L de leite desnatado.
  • Medio vaso de arroz (100g).
  • Un pouco de auga.
  • Cáscara de medio limón.
  • Unha rama de canela.
  • 8-10 amorodos (200g).
  • Canela moída.
Preparación:
Introducimos o arroz e a auga nunha pota a lume forte ata que ferva, engadimos a metade dos amorodos previamente lavados, sen talos e cortados en anacos, o leite, a cáscara de limón e a canela e cocémolo a lume forte mentres removemos sen parar.
Cando o arroz estea no seu punto agregamos o resto dos amorodos e deixamos arrefriar ata servir.
Ideas para entrantes
Ensalada de leituga con amorodos, piña e mazá.
Ingredientes para 4 persoas):XCV_ART20_CÍRCULO3_GAL
  • Unha leituga pequena (200g).
  • Unha cenoria (100g).
  • 3-4 amorodos (50g).
  • 2 rebandas de piña (100g).
  • 2 mazás Golden (300g).
  • 6 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra.
  • 2 culleradas sopeiras de vinagre.
  • Pirixel.
  • Un chisco de sal.
Preparación:
Lavamos a leituga, as mazás e os amorodos con auga, escorrémolas ben e cortamos a froita en cadradiños e a leituga en tiras.
Pelamos a cenoria e raiámola en tiras. Eliminamos as partes non comestibles da piña e cortámola en triángulos.
Mesturamos o aceite, o vinagre, o sal e o perexil ata que obteñamos unha vinagreta homoxénea.
Montamos a ensalada, aliñamos e servimos no momento.
Lembra:
1. Consume 3 ou máis froitas ao día.
2. Toma froitas variadas e con distintas cores para garantir así un aporte nutritivo axeitado.
3. Procura tomar sempre froitas de tempada.

jueves, 23 de abril de 2020



Estamos a realizar no centro un libro de receitas coa colaboración das nosas familias, alumnado e profesorado. Unha vez que recompilemos todas as receitas publicaranse neste blog. Gracias a tod@s!!!


martes, 3 de marzo de 2020

Día do amor e da amizade



Celebramos o día de San Valentín dende o Aliméntate ben! Todos os alumnos fixeron postres con moito AGARIMO 😊






martes, 21 de enero de 2020

VITAMINAS MIL



  Do 13 ó 24 de xaneiro os alumnos do noso centro tomaron froita a media mañá dentro do programa   Froita na escola.

POSTRES DE NADAL




Dentro de proxecto Aliméntate ben traballamos postres de Nadal a base de froitas. Como podedes ver quedáronnos boísimos ...