lunes, 15 de noviembre de 2021

 


Un ano máis estamos inmersos no Proxecta: Aliméntate ben para traballar a importancia do consumo de froitas e verduras na nosa dieta diaria co fin de gozar dunha boa saúde. Para comezar a traballar sobre esto durante esta semana comezaremos cun producto tan típico da nosa terra nestas datas como é a CASTAÑA, faremos diferentes xogos onde será ela a protagonista e virá un castañeiro para asalas e degustalas no patio. Amósovos, a continuación, un mural que fixemos sobre as propiedades beneficiosas de consumir este froito.




martes, 22 de junio de 2021

 

* Os días 18, 21 e 22 de xuño os rapaces degustaron froitas tropicais no recreo: mango, piña, aguacate e coco.










 

*Os rapaces de xardinería e peiteado elaboraron un prato saudable e unha pirámide de alimentos. Aquí tedes boa conta do que fixeron:



PRATO SAUDABLE


                                                              PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

martes, 15 de junio de 2021

 

*Os rapaces das aulas 1 e 3 vivenciaron o conto da Eiruga glotona dun xeito moi sensorial. 






 

*Xogamos ó bingo froiteiro no que todos os participantes recibiron un agasallo.






 

*Fixemos uns murais sobre as froitas tropicais e as súas propiedades que expuxemos no corredor de arriba.

 

*Os rapaces da aula 9 seguen a traballar esta vez elaborando GUACAMOLE 👍






 

*Os rapaces da aula 9 foron visitar unhas viñas que hai no campus para ver como se cuida esta rica froita e que outros alimentos se obteñen dela.



 

*Como se acerca a calor degustamos froita de tempada no comedor. Na aula 5 tamén se animaron 💪.









 

*Seguimos a traballar hábitos saudables entre os nosos alumnos como a hixiene, a boa alimentación, facer exercicio con regularidade... Todo para estar sans e fortes 👌








martes, 4 de mayo de 2021

 

Como somos uns grans cociñeiros animámonos a facer uns postres con froitas nas nosas casas. Déixovos aquí as receitas e unhas fotos do postre que fixo a nosa chef María 😄.


Pizza de froita

Os ingredientes que necesitamos son:

- 5 galletas

- 100 gramos de mantequilla

- 1 kiwi

- 1 melocotón

- 10 amorodos

- 2 plátanos

- 1 bote de marmelada ó gusto

Para a súa elaboración seguimos os siguientes pasos:

1. Elaboramos a masa da siguiente forma: troceamos as galletas e mesturámolas coa mantequilla ata que se forme unha masa uniforme.

2. Estendemos a masa nun molde redondo e deixámolo enfriar na neveira durante uns minutos.

3. Cortamos todas las froitas en anacos pequenos e reservámolas.

4. Untamos a masa cunha capa de marmelada e colocamos os anacos de froitas

repartidos por toda a masa

Polos de froitas

Esta é unha receita ideal para o verán: combate a calor dunha forma

sa e sinxela. Imos  elaborar xelados de froitas en forma de polos. Para facelos

necesitaremos moldes (vasiños de iogurt), froitas ó gusto, azucre ou mel e paos de

xelado. Para a súa elaboración: pelamos e cortamos a froita en anacos e triturámola

cunha batedora. Despois engadimos o  azucre e/ou mel e volvemos a triturar (probamos

a mestura para regular a dozura ó gusto engadindo máis azucre). Cando teñamos unha

mestura homoxénea introducímola nos moldes e cravamos un pao de xelado. Deixamos

que se enfríe no conxelador durante 3 ou 4 horas. Para desmoldar, podemos poñer os

vasiños de iogurt baixo un chorro de auga quente ou ben sacalos do conxelador

antes de consumilos para que se derretan un pouco e se poidan estraer do molde con

facilidade.

Canapés de froitas

Necesitaremos masa para o forno en forma de canapé, marmelada ou sirope e froitas

variadas. Ó oco do canapé poñémoslle marmelada ou sirope do noso sabor preferido e

por encima colocaremos as froitas elixidas en anacos moi pequeniños. Se queremos

darlle  un toque máis especial podemos incluir anacos de froitos secos como améndoas,

abelás ou noces.


*Receita da nosa CHEF María:




                                                             

GRACIAS!!!!!!!!!

 





 

*Elaborouse un cadro de hábitos saudables para cubrir durante unha semana polos alumnos. Finalmente fíxose unha reflexión daqueles aspectos que se deberían mellorar para estar máis sans e fortes 👌.




jueves, 18 de marzo de 2021

A comida no cine

 

Realizamos un mural no primeiro andar sobre a presenza da comida no cine. Seleccionamos varias películas e separamos os alimentos saudables e non saudables que aparecían nelas. Aquí vos poño unha mostra do noso traballo 😄











martes, 2 de marzo de 2021

 


O luns 1 de marzo comezamos o reparto de froita a media mañá durante dúas semanas, os alumnos tomarán plátano, mazá, pera e mandarina. Este reparto está dentro do programa Aliméntate ben coa fin de que os alumnos aumenten o consumo deste alimento na súa dieta.