jueves, 18 de marzo de 2021

A comida no cine

 

Realizamos un mural no primeiro andar sobre a presenza da comida no cine. Seleccionamos varias películas e separamos os alimentos saudables e non saudables que aparecían nelas. Aquí vos poño unha mostra do noso traballo 😄











martes, 2 de marzo de 2021

 


O luns 1 de marzo comezamos o reparto de froita a media mañá durante dúas semanas, os alumnos tomarán plátano, mazá, pera e mandarina. Este reparto está dentro do programa Aliméntate ben coa fin de que os alumnos aumenten o consumo deste alimento na súa dieta.







 


Seguimos a traballar puzzles de froitas, ensartables, os colores nas froitas...Os rapaces das aulas 4, 5 e 14 están moi postos nesto como vedes a continuación:








 


Os alumnos da aula 7 traballaron hábitos saudables e non saudables, métodos de conservación dalgúns alimentos, a información que nos proporcionan as etiquetas dos productos... Aquí tedes unha mostra destas fichas:






 


A aula 7 fixo uns xogos onde os rapaces clasificaron distintos alimentos en froitas, verduras, pescados e mariscos... e tamén practicaron con listas da compra. Están feitos uns consumidores responsables 😇






 


Os alumnos da aula 4 para traballar as cores das froitas elaboraron un pequeno libro:



Tamén traballaron a pirámide dos alimentos con recortes de revistas que foron seleccionando:



 


O día 12 de febreiro festexamos o Entroido que este curso adicamos ó cine. Entre as películas recreadas estivo Ratatouille na que a comida ten un grande protagonismo. Aquí vos deixo unha foto 😃





Os alumnos da aula 5 tamén fixeron antefaces de froitas para o seu disfrace: