martes, 4 de mayo de 2021

 

Como somos uns grans cociñeiros animámonos a facer uns postres con froitas nas nosas casas. Déixovos aquí as receitas e unhas fotos do postre que fixo a nosa chef María 😄.


Pizza de froita

Os ingredientes que necesitamos son:

- 5 galletas

- 100 gramos de mantequilla

- 1 kiwi

- 1 melocotón

- 10 amorodos

- 2 plátanos

- 1 bote de marmelada ó gusto

Para a súa elaboración seguimos os siguientes pasos:

1. Elaboramos a masa da siguiente forma: troceamos as galletas e mesturámolas coa mantequilla ata que se forme unha masa uniforme.

2. Estendemos a masa nun molde redondo e deixámolo enfriar na neveira durante uns minutos.

3. Cortamos todas las froitas en anacos pequenos e reservámolas.

4. Untamos a masa cunha capa de marmelada e colocamos os anacos de froitas

repartidos por toda a masa

Polos de froitas

Esta é unha receita ideal para o verán: combate a calor dunha forma

sa e sinxela. Imos  elaborar xelados de froitas en forma de polos. Para facelos

necesitaremos moldes (vasiños de iogurt), froitas ó gusto, azucre ou mel e paos de

xelado. Para a súa elaboración: pelamos e cortamos a froita en anacos e triturámola

cunha batedora. Despois engadimos o  azucre e/ou mel e volvemos a triturar (probamos

a mestura para regular a dozura ó gusto engadindo máis azucre). Cando teñamos unha

mestura homoxénea introducímola nos moldes e cravamos un pao de xelado. Deixamos

que se enfríe no conxelador durante 3 ou 4 horas. Para desmoldar, podemos poñer os

vasiños de iogurt baixo un chorro de auga quente ou ben sacalos do conxelador

antes de consumilos para que se derretan un pouco e se poidan estraer do molde con

facilidade.

Canapés de froitas

Necesitaremos masa para o forno en forma de canapé, marmelada ou sirope e froitas

variadas. Ó oco do canapé poñémoslle marmelada ou sirope do noso sabor preferido e

por encima colocaremos as froitas elixidas en anacos moi pequeniños. Se queremos

darlle  un toque máis especial podemos incluir anacos de froitos secos como améndoas,

abelás ou noces.


*Receita da nosa CHEF María:




                                                             

GRACIAS!!!!!!!!!

 





 

*Elaborouse un cadro de hábitos saudables para cubrir durante unha semana polos alumnos. Finalmente fíxose unha reflexión daqueles aspectos que se deberían mellorar para estar máis sans e fortes 👌.