Como somos uns grans cociñeiros animámonos a facer uns postres con froitas nas nosas casas. Déixovos aquí as receitas e unhas fotos do postre que fixo a nosa chef María 😄.
Pizza de froita
Os ingredientes que necesitamos son:
- 5 galletas
- 100 gramos de mantequilla
- 1 kiwi
- 1 melocotón
- 10 amorodos
- 2 plátanos
- 1 bote de marmelada ó gusto
Para a súa elaboración seguimos os siguientes pasos:
1. Elaboramos a masa da siguiente forma: troceamos as galletas e
mesturámolas coa mantequilla ata que se forme unha masa uniforme.
2. Estendemos a masa nun molde redondo e deixámolo enfriar na neveira
durante uns minutos.
3. Cortamos todas las froitas en anacos pequenos e reservámolas.
4. Untamos a masa cunha capa de marmelada e colocamos os anacos de froitas
repartidos por toda a masa
Polos de froitas
Esta é unha receita ideal para o verán: combate a calor dunha forma
sa e
sinxela. Imos elaborar xelados de
froitas en forma de polos. Para facelos
necesitaremos moldes (vasiños de iogurt), froitas ó gusto, azucre ou mel e paos de
xelado. Para a súa elaboración: pelamos e cortamos a froita en anacos e triturámola
cunha
batedora. Despois engadimos o azucre
e/ou mel e volvemos a triturar (probamos
a mestura para regular a dozura ó gusto engadindo máis azucre). Cando teñamos unha
mestura homoxénea introducímola nos moldes e cravamos un pao de xelado. Deixamos
que se enfríe no conxelador durante 3 ou 4 horas. Para desmoldar, podemos poñer os
vasiños de iogurt baixo un chorro de auga quente ou ben sacalos do conxelador
antes de consumilos para que se derretan un pouco e se poidan estraer do molde con
facilidade.
Canapés de froitas
Necesitaremos masa para o forno en forma de canapé, marmelada ou sirope e froitas
variadas. Ó oco do canapé poñémoslle marmelada ou sirope do noso sabor preferido e
por encima colocaremos as froitas elixidas en anacos moi pequeniños. Se queremos
darlle un toque máis especial podemos incluir anacos de froitos secos como améndoas,
abelás ou noces.
*Receita da nosa CHEF María:
No hay comentarios:
Publicar un comentario