O día 3 de febreiro os alumnos de Peiteado fixeron molletes de Antequera coa fin de concienciar a este alumnado dos beneficios dunha alimentación saudable e a comida caseira é fundamental para logralo.
Aquí vos deixo a receita:
Ingredientes:
-250 g de auga
-50 g de leite
-30 g de aceite
-500 g de fariña
-1/2 pastilla de levadura (25 g)
-1/2 cullerada de sal
Elaboración:
-Disolver a levadura no leite templado.
-Engadir a auga e mesturar.
-Engadir a metade da fariña pouco a pouco, o aceite e o sal.
-Mesturar co resto da fariña e amasar todo.
-Deixar repousar 2 horas, estirar pasado o tempo a masa cos dedos.
-Facer boliños do tamaño desexado e deixalos repousar 30 min.
-Cocer 20 min a 180º.