COMO DISFRUTAMOS DAS FROITAS !
Durante o meses de outubro e parte de novembro, os nosos alumnos degustaron froitas de tempada como uvas, kiwis, mazás... e fixeron tamén zumos de laranxa. Pasárono en grande!
.
APRENDEMOS UN POUCO MÁIS?
No mes de xaneiro, a través deste enlace, descargamos O GRAN LIBRO DAS FROITAS E VERDURAS que nos axudou a saber un pouco máis sobre estos alimentos tan saudables e necesarios na nosa dieta. Tamén nos divertimos cun montón de xogos como o Flash do Alimentraining, da Batedora, do Caleidoscopio e o Frutixogo.
XOGOS FRUTAIS
Febreiro 2019
No rincón da natureza temos unha morea de xogos sobre froitas e verduras que están a gustar un montón ós rapaces 😄😄
ESTAMOS A PREPARALO ENTROIDO... ESTE ANO IREMOS TODOS DE FROITAS 🍎🍏🍐🍑🍒🍓🎭
No hay comentarios:
Publicar un comentario